O Family Computer Disk System (ファミリーコンピュータ ディスクシステム Famirī Konpyūta Disuku Shisutemu?), ás veces acurtado como Famicom Disk System (ファミコンディスクシステム Famikon Disuku Shisutemu?) ou sinxelamente Disk System (ディスクシステム Disuku Shisutemu?), e abreviado como FDS ou FCD,[1] é unha consola periférica para a Family Computer de Nintendo, lanzada no Xapón o 21 de febreiro de 1986. Emprega disquetes chamados "Disk Cards" para o almacenamento de información.[2] Durante todo o seu tempo en produción, que comezou en 1986 e rematou no 2003, foron vendidas 4,44 millóns de unidades.